Outro uso máis do paquete TikZ.

Desta volta veño de usalo para crear algúns botóns de calculadora sinxelos.
Hai opcións máis elaboradas (atopei cousiñas interesantes en stackexchange) mais tendo en conta que non é nada complicado de facer con TikZ (e de modificar, se logo cambio de idea con respecto as cores) e que xa estou afeita.

Ademáis do paquete necesitamos empregar unha librería adicional se queremos amosar sombras.

\usepackage{tikz}
\usetikzlibrary{shadows}

O que fixen neste caso foi definir un comando novo, de tal xeito que poida chamalo cada vez que preciso debuxar un botonciño.
Poderías poñer a definición do comando no preámbulo (antes dos contidos do documento) ou incluso noutro documento do teu proxecto, para poder empregalo en distintas partes do mesmo proxecto.

\newcommand{\botoncalc}[1]%
{ \begin{tikzpicture}[baseline=(boton.base)]
\node[draw=gray,
text=white,
fill=lightgray,
rounded corners=4pt,
inner sep=3pt,
text height=1.5ex,
minimum width=1.6em,
minimum height=1.6em,
drop shadow={fill=gray,shadow xshift=1pt, shadow yshift=-1pt, shadow scale=1},
] (boton) {#1};
\end{tikzpicture}
}

Neste caso tan sinxeliño só preciso dunha variable (por eso podes ver un [1] na primeira liña) que representa o texto que vou amosar. No código refírese a ela por #1.
Se quixese, por exemplo, que ademáis me permitise modificar a cor do botón. Pero non é o caso.

Logo basta chamalo, pasándolle o valor da variable que sexa preciso. Pode ser texto plano ou texto matemático, e acepta os formatos habituais.

\botoncalc{$\wedge$} ou \botoncalc{$x^y$} ou \botoncalc{$\blacksquare ^ \square$}

 

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>