Facer diagramas de Venn con TikZ pode ser un pouco complexo, pois require manexar o comando \clip e eso ten un chisco de truco.

Para exemplos básicos atopei este exemplo de TeXample que con un par de pequenos cambios para axeitalo ao meu estilo me permite ter as definicións das operacións de conxuntos con diagramas.
(Podes ver que faltaría definir o complementario dun conxunto, pero ese é tan básico como debuxar un conxunto en branco sobre un fondo sombreado.)

Para exercicios un pouco máis elaborados atopo moi práctico o paquete venndiagram, que debuxa dous ou tres conxuntos con intersección común e basta indicar que segmentos queremos sombrear.
A última versión parece ser a 1.2, e podes atopar o manual aquí.

De todos xeitos, este paquete non permite realizar diagramas con só un conxunto (p.ex. para definir o complementario), con máis de tres conxuntos ou con conxuntos disxuntos.
Para todo eso, segue sendo preciso empregar TikZ directamente.

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>