Traballamos con ángulos empregamos graos, minutos e segundos ata 4º da ESO, onde introducimos o concepto de radián.
Mais escribir os símbolos non é trivial pois non se atopan nos paquetes básicos.

En xeral é boa idea empregar o paquete siunitx, que se emprega para todo tipo de unidades do sistema internacional (incluindo as suplementarias).

\usepackage{siunitx}

No que se refire á escritura de ángulos, permítenos formatalos de xeito sinxelísimo empregando o comando ang, no que se separan graos, minutos e segundos entre comillas.
Observa que podemos optar por deixar un deles baleiro e entón non aparece, ou podemos indicar que é 0 e entón si.

\ang{3;15;20}
\ang{97;0;35}
\ang{;12;32}

Aínda que segundo o manual tamén se poderían utilizar outros comandos para escribir os signos de graos, minutos e segundos por separado, o certo é que non conseguín facelo funcionar.
Pensei que tiña algo que ver coa configuración de Overleaf, ou que entraba en conflicto co paquete babel (cousa ben frecuente), pero non atopei como arranxalo.

Así que para outros usos, coma esta icona que representa o botón da calculadora, emprego distintos símbolos que se semellan:

$^{\circ}$ % graos

\textquoteright % minutos

\textquotedblright % segundos

 

 

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>