TikZ é unha ferramenta potentísima, con moitísimas aplicacións. Por eso ás veces é ata complicado atopar como facer unha cousa… e a documentación é tan extensa que se lle quitan a unha as ganas de lela!
Menos mal que existe internet para ir aprendendo a facer cousiñas!
Aquí quedan unhas notas sobre como debuxar polígonos.
Para empregalo, debe figurar no noso preámbulo o paquete TikZ.
\usepackage{tikz}
Podemos debuxar un polígono a partir das coordenadas dos seus puntos uníndoos con dous guións.
A indicación cycle implica que o último punto se una co primeiro.
\begin{tikzpicture}
\draw (0,0) –– (2,0) –– (3,2) –– (-1,1) –– cycle ;
\end{tikzpicture}
Se queremos colorear o noso polígono, empregaremos \filldraw no canto de \draw.
\begin{tikzpicture}
\filldraw[fill=blue] (0,0) –– (2,0) –– (3,2) –– (-1,1) –– cycle ;
\end{tikzpicture}
Para debuxar polígonos regulares, o xeito máis sinxelo é engadir unha libraría de formas xeométricas de TikZ no preámbulo.
\usetikzlibrary{shapes.geometric}
E logo empregar unha expresión deste tipo:
\begin{tikzpicture}
\node[regular polygon,regular polygon sides=3, minimum size=3cm,draw] at (0,0) {};
\end{tikzpicture}
Para debuxar polígonos regulares sen ningunha libraría adicional podes empregar tamén o código deste exemplo , paréceme un xeito moi sinxelo e elegante de plantexalo, a pesar de ser algo máis elaborado que empregar a libraría anterior.