Estoulle a sacar bastante rendemento a TikZ para as figuras xeométricas.
Os ángulos son moi sinxelos de representar, sempre e cando saibamos que hai un conflicto coas configuracións de idioma.
Seica só funciona ben en inglés, pero ata que aprendín eso volvinme tola dándolle voltas ao problema.
En fin, en xeral necesitariamos no preámbulo:
\usepackage{tikz}
\usetikzlibrary{quotes,angles}
Mais se elaboramos os nosos documentos en lingua non inglesa, debemos engadir tamén a libraría «babel» para tikz.
\usepackage{tikz}
\usetikzlibrary{quotes,angles,babel}
Un sinxelo ángulo debuxaríase unindo os puntos dos extremos.
\begin{tikzpicture}
\coordinate (A) at (3,0);
\coordinate (B) at (0,0);
\coordinate (C) at (3,2);
\draw (A) –– (B) –– (C)
pic[«$\alpha$»,draw=orange,<->,angle eccentricity=1.2,angle radius=1cm] {angle=A–-B–-C};
\end{tikzpicture}
NOTA: O meu blog amosa as comillas dobres como comillas latinas, se copias e pegas este código deberás correxir ese detalle.
Se desexamos escribir algún texto, por exemplo o nome dos extremos, podemos indicar a súa posición relativa aos mesmos:
\begin{tikzpicture}
\coordinate (A) at (3,0);
\coordinate (B) at (0,0);
\coordinate (C) at (3,2);
\draw (A) node[right]{A} –– (B) node[left]{B} –– (C) node[right]{C}
pic[«$\alpha$»,draw=orange,<->,angle eccentricity=1.2,angle radius=1cm] {angle=A–-B–-C};
\end{tikzpicture}