Se queremos traballar a xeometría no noso documento LaTeX, TikZ probablemente sexa a ferramenta máis completa que podemos atopar.
Para empregalo, o paquete debe figurar no noso preámbulo:

\usepackage{tikz}

E a partir de aí, podemos facer prácticamente o que queiramos.

Para comezar, imos a debuxar uns eixos cartesianos e representar algún punto nel.
O noso obxectivo é o seguinte:

 

Crear a cuadrícula é moi sinxelo, basta indica dende onde ata onde os queremos.  E os eixos tres cuartos do mismo. 
O código deste exemplo é:

\begin{tikzpicture}
\draw[step=1cm, gray, very thin] (-5.2,-5.2) grid (5.2,5.2);
\draw[<->] (-5.2,0) – (5.2,0);
\draw[<->] (0,-5.2) – (0,5.2);
\end{tikzpicture}

Como vemos, temos un entorno que se chama tikzpicture. Todo o noso gráfico irá aí dentro.

O primeiro comando debuxa unha cuadrícula que vai de (-5,-5) ata (5,5).
E un chisquiño máis, si. A min estéticamente gústame que non sexan puntos enteiros, pero esto xa vai no gusto de cada quen.
Como ves, pode configurarse de xeito doado o tamaño da cuadrícula, a cor, etc.

O segundo e terceiro comando debuxan os eixos de referencia. O comando \draw pode facer varias cousas, pero o uso máis sinxelo é unir puntos (poden ser máis de dous) con segmentos, o que se indica con eses dous guións entre as coordenadas dos puntos a unir.
Os eixos rematan en frechiñas a cada un dos lados.  Se non queres frechiñas, elimina o atributo opcional que vai entre corchetes.

Unha vez que temos os nosos eixos, podemos empregalos para debuxar o que queiramos neles, empregando as coordenadas cartesianas.

Como exemplo, vexamos un sinxelo punto nas coordenadas (3,2).

\filldraw (3,2) circle (2pt);

Ese comando debe estar no entorno tikzpicture anterior, e debuxará un circuliño recheo nas coordenadas indicada. Se o queres oco, emprega \draw no canto de \filldraw.

\filldraw (3,2) circle (2pt) node[above]{$P=(3,2)$};

Ao punto pode engadírselle un nodo para escribir a información que desexes; no exemplo eu puxen o nome do punto.
E como parámetro opcional podes indicarlle onde colocalo (above, below, left, right).

Tamén podemos mellorar a cuestión estética, indicando algúns valores de referencia nos eixos e probablemente o xeito máis cómodo sexa facer un bucle co comando  \foreach.
Eu fixen un pequeno segmentiño en cada enteiro (excepto o 0, porque me gusta máis así) e nel marquei o valor numérico. Se non queres os valores numéricos, basta eliminar o nodo que os escribe.

\foreach \x in {-5,-4,-3,-2,-1,1,2,3,4,5}
\draw (\x,1pt) – (\x,-1pt) node[anchor=north] {$\x$};
\foreach \y in {-5,-4,-3,-2,-1,1,2,3,4,5}
\draw (1pt,\y) – (-1pt,\y) node[anchor=east] {$\y$};

En breve, máis sobre Tikz!

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>