Ás veces ao traballar con LaTeX queres que ao compilar non che amose un determinado fragmento.
A min pásame seguido cando estou a probar cousas novas, que fedello nun documento con varias posibilidades e nun momento dado quero ver só unha para evitar confusións.
En calquer caso, andar a comentar co % un montón de liñas é pouco práctico, así que emprego un paquete que me permite facelo de xeito sinxelo.
\usepackage{comment}
Agora só teño que empregar o entorno do mesmo nome para que todo un fragmento do meu documento se comporte como un comentario.
\begin{comment}
Liñas que quero comentar.
\end{comment}
Recoñezo que en proxectos pequenos igual non ten moito uso, máis se decides facer un algo máis complexo pode resultar de utilidade.