Outra característica interesante das figuras feitas con TikZ é que poden escalarse de xeito moi moi sinxelo.

Esto permite que reaproveitemos unha figura para construir outra semellante, sen recalcular todas as coordenadas.

O código LaTeX de estas dúas figuras é en realidade o mesmo, só lle pasei un parámetro de escala (0.5) no segundo caso.

É importante observar que non é o mesmo que escalar unha imaxe con un programa de retoque gráfico, que reduce absolutamente todo.
TikZ cambia a escala empregada nas coordenadas, mais o texto dos nodos non é escalado. Grazas a esto o resultado é coherente.

A primeira figura é simplemente o prisma desta outra entrada.
A segunda é a mesma con unha modificación na escala, con este código:

\begin{tikzpicture}[scale=.5] % prisma
\shadedraw[left color=pink,right color=white] (4,0,0) — node[below]{prisma} (0,0,0) — (0,5,0) — (4,5,0) — cycle;
\shadedraw[right color=pink,left color=white] (4,0,0) — (4,0,-3) — (4,5,-3) — (4,5,0) — cycle; \shadedraw[left color=pink,right color=white] (4,5,0) — (0,5,0) — (0,5,-3) — (4,5,-3) — cycle;
\draw[dashed,gray] (4,0,-3) — (0,0,-3) — (0,5,-3);
\draw[dashed,gray] (0,0,0) — (0,0,-3);
\end{tikzpicture}

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>