Nos documentos que penso imprimir non adoito poñer enlaces, sería un pouco unha parvada, pero nos que fago para compartir en PDF é do máis frecuente.
Eu uso o paquete hyperref.
\usepackage{hyperref}
Esto permite empregar dous tipos de comandos, un para engadir unha URL (que se amosa como tal e que pode pincharse) e outro para engadir unha URL e un texto (amósase o texto e ao pinchar vai a URL).
\url{https://www.laurafigueiredo.net/}
\href{https://www.laurafigueiredo.net/}{a miña web}
O xeito en que se amosan esos enlaces pode configurarse. Non me vou meter no tema, porque case nunca o uso, mais tes unha referencia en Overleaf.
O caso é que ao facer documentos longos para compartir en PDF atopei varias cousas que non me gustan. (Bueno, no Linux vense ben, pero segue a ser unha opción minoritaria.)
- Os enlaces do índice aparecen en recadros vermellos.
- As imaxes con enlaces tamén aparecen en recadros coloreadas.
Así que o que fixen foi eliminar por completo a opción de que hyperref destaque os enlaces.
\usepackage[hidelinks]{hyperref}
En documentos pequenos non o emprego, mais nos máis longos e con índices na miña opinión queda moito máis xeitoso.