Cando preciso facer unha presentación prefiro Beamer porque sei que non vou ter problemas de compatibilidade con ningún equipo informático. Que ordenador non abre un PDF?
En xeral é moi sinxelo (asumindo que un sabe usar LaTeX en xeral) crear un documento en Beamer.
Das ferramentas específicas que ofrece, quizáis a que máis acaba unha empregando (e a que ofrece máis versatilidade) é o emprego de distintas capas.
A pausa
Dentro de cada frame (vamos, unha diapositiva tal e como se ve na presentación) podes ir introducindo pausas.
Dese xeito só se amosa parte do contido. Cando avanzas páxina engadirá o resto do contido (ata a seguinte pausa ou ata o fin da diapositiva se non hai ningunha).
Cumple a súa función, aínda que é bastante básico e non dá opcións para nada.
\pause
As capas
O mellor é especificar en que capa da dispositiva imos amosar cada unha das partes do contido.
Por exemplo nunha lista podemos indicar:
\begin{itemize}
\item<1> Amósase só na primeira capa.
\item<2-> Amósase a partir da segunda capa.
\item<3-5> Amósase entre a terceira e a quinta capas.
\item<-4> Amósase ata a cuarta capa.
\end{itemize}
Tamén podemos indicar en que capa queremos aplicar un estilo concreto (p.ex. negriña ou unha cor), que se amosará como texto plano no resto das capas.
\textbf<1>{Exemplo negriña}
\textit<2>{Exemplo cursiva}
\textrm<3>{Exemplo formato roman}
\textsf<4>{Exemplo formato sans serif}
\textcolor<5>{red}{Exemplo texto en cor}
Se queremos empregar capas en calquer outro tipo de contido (texto, imaxes, o que sexa) podemos indicar que debe amosarse nunha capa (e ocultarse no resto) cos seguintes comandos:
\onslide<3>{Exemplo de texto que aparece só na terceira capa.}
\only<-4>{Exemplo de texto que desaparece despois da cuarta capa.}
A diferencia entre eles dous é que onslide reserva o espazo para ese contido, e non se sobrescribirá con outro contido, mentras que only non o reserva e o seu espazo será logo ocupado por outro contido.
Ademáis onslide pode empregarse en táboas, de xeito que vaia amosando liña a liña.
\begin{tabular}{cc}
Columna & Columna & Columna \\
\hline \hline
A & B & C \onslide<2-> \\
D & E & F \onslide<3->\\
G & H & I \onslide<4->\\
K & L & M
\end{tabular}