Cando fago táboas teño por costume ir alternando cores de fondo, en lugar de liñas de separación, porque me parece que queda algo máis lixeiro e estéticamente agradable.
Para traballar con cores sempre emprego o paquete xcolor (creo que está bastante xeralizado) coa opción para cargar tamén o colortbl.
\usepackage[table]{xcolor}
O resultado que procuro é semellante a este (máis ou menos colorido segundo o festiva que sexa a ocasión).
Cando empecei a facelo, empregaba o clásico comando rowcolor en cada unha das que desexaba cambiar, do mesmo xeito que se emprega cellcolor para cambiar a cor de fondo dunha soa cela.
\rowcolor{gray!25}
Esto define unha cor de fondo para a fila cun 25% de gris.
Pero tiña que facelo tantas veces como liñas con esa cor desexo ter, e en táboas longas aínda é un traballiño (e sobre todo un código un tanto farragoso, que é un lío para editar).
Así que busquei unha alternativa, e foi sorprendentemente sinxela por que nen sequera preciso paquetes adicionais pois como digo o xcolor é un dos meus básicos.
Basta con engadir o comando rowcolors no corpo do documento, ollo, non dentro da táboa.
\rowcolors{fila na que comeza a alternancia}{unha cor}{outra cor}
Se deixamos unha das cores en branco, indicamos que non precisamos que coloree esas filas.
Deste xeito, o exemplo anterior obteríase co código que segue:
\rowcolors{2}{gray!25}{}
\begin{center}\begin{tabular}{lll}
\hline
\textbf{Magnitud} & \textbf{Unidad} & \textbf{Símbolo}\\
\hline
\hline
Masa & Kilogramo & kg\\
Lonxitude & Metro & m\\
Tempo & Segundo & s\\
Temperatura & Kelvin & K\\
Intensidad de corrente eléctrica & Amperio & A\\
Intensidad luminosa & Candela & cd\\
Cantidad de sustancia & Mol & mol\\
\hline
\end{tabular}\end{center}
Pode ocorrer que queiramos alternar as cores en algunhas táboas mais non en outras.
Nese caso, simplemente reseteamos o comando rowcolors deixando ambas cores baleiras, e as táboas que escribamos a continuación aparecerán do xeito habitual.
\rowcolors{1}{}{}