Andaba eu a escribir táboas de continxencia, así que precisaba dividir unha cela en dúas diagonalmente.
Vale, precisar igual non o precisaba, podía telo feito doutro xeito, pero ningún me parecía o suficientemente claro.
Así que tirei de Google.

Lin unha recomendación (algo vella) para empregar o paquete slashbox, que Overleaf non soporta (eso ten fácil arranxo, noutro momento cho conto) pero que cumple xustamente coa función que eu quería.
Mais finalmente decanteime polo paquete diagbox, que ten máis funcionalidade e está actualizado.

\usepackage{diagbox}

Este paquete pode dividir unha cela en dúas ou en tres diagonalmente.
Simplemente no código da cela indicamos unha destas opcións:

\diagbox{X}{Y} % división en 2

\diagbox{X}{var}{Y}  % división en 3

Pódese definir a posición na que se fai a división, indicando o punto cardinal de referencia.

\diagbox[dir=NW]{X}{Y} % opción por defecto

\diagbox[dir=SW]{X}{Y} 

\diagbox[dir=NE]{X}{Y} % con 2 celas é igual a SW

\diagbox[dir=SE]{X}{Y} % con 2 celas é igual a NW

O único problemiña que lle atopo (comparado con slashbox) é que se hai celas máis anchas na mesma columna a liña non queda ben centrada. Pero arránxase indicando unha anchura de cela igual ou maior.

Póñoche de exmplo a miña táboa de continxencia:

\begin{tabular}{c|ccccccccccc|>{\columncolor{pink}}c}
\cellcolor{pink} \diagbox[width=2cm]{$X$}{$Y$} & 0 & 1 & 2 & 3 & 4 & 5 & 6 & 7 & 8 & 9 & 10 & TOTAL \\ \hline
% omito as liñas con datos
\rowcolor{pink} TOTAL & 1 & 2 & 2 & 0 & 7 & 5 & 2 & 2 & 2 & 4 & 3 & \cellcolor{white} \textbf{30} \\
\end{tabular}

Para configuración adicional (p.ex. formato de liña, formato de texto, separación, etc.) podes ver a documentación no CTAN.

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>