Non é que eu empregue comillas con frecuencia nos meus texto en LaTeX, pero ocasionalmente pasa.

O apropiado é empregar comillas latinas, pero se atopalas nun teclado precisa pouco menos que un máster, o de usalas en LaTeX resulta pouco menos que alieníxena.
Ou igual é cousa miña, que xa me afixen a facer as miñas búsquedas de temas informáticos en inglés.

En calquer caso, só teñen sentido se imos empregar o paquete babel para un idioma latino.

\usepackage[spanish,activeacute]{babel}

A miña configuración habitual é en castelán, pero se a usas en galego as comillas tamén van a funcionar.

Atopei varios xeitos distintos para facelas, o primeiro é o máis directo e por eso é o que empreguei.
Non sei se hai algún matiz entre eles que puidese facer máis recomendables outras opcións, así que as deixo anotadas por se fosen precisas.

<< Texto entre comillas >>

\guillemotleft Texto entre comillas \guillemotright

\begin{quoting} Texto entre comillas \end{quoting}

«< Texto entre comillas «>