Imos cun sinxelo diagrama estatístico, que podemos facer con TikZ sen ningunha dificultade.
Ao fin e ao cabo, os diagramas de caixa e bigotes só precisan unha liña horizontal e dous rectángulos.

Pero como pode que precisemos facer uns cantos diagramas semellantes, o que podemos é aproveitar a capacidade de TikZ para adaptarse a valores variables.

Neste caso definín cinco variables, que son xustamente os valores que buscamos representar:

\newcommand\xmin{0}    % mínmo do rango
\newcommand\xmax{10} % máximo do rango
\newcommand\qun{4}      % Q1
\newcommand\qdous{5}  % Q2
\newcommand\qtres{7}    % Q3

Basta modificar os distintos valores para obter un diagrama diferente, sempre co mesmo código para a imaxe propiamente dita:

\begin{tikzpicture}
\draw[thick] (\xmin,0) — (\xmax,0);
\draw[thick] (\xmin,-.2) — (\xmin,.2) (\xmax,-.2) — (\xmax,.2);
\foreach \n in {\xmin,…,\xmax} \node at (\n,-1) {$\n$};
\node at (\xmin,1) {Mínimo};
\node at (\xmax,1) {Máximo};
\node at (\qun,1) {$Q_1$};
\node at (\qdous,1) {$Q_2$};
\node at (\qtres,1) {$Q_3$};
\draw[thick,fill=orange!50] (\qun,-.5) rectangle (\qdous,.5);
\draw[thick,fill=cyan!50] (\qdous,-.5) rectangle (\qtres,.5);
\end{tikzpicture}

Eso si, se vas a utilizar varios gráficos deste tipo no mesmo documento (ou entorno) tes que ter en conta que non podes definir por segunda vez un comando que xa está definido.

Nese caso, terás que empregar renewcommand en lugar de newcommand.

\renewcommand\qun{3}      % Q1
\renewcommand\qdous{4.5}  % Q2
\renewcommand\qtres{6}    % Q3