Caso hipotético: Vas publicar un libro e queres facer as imaxes en LaTeX e engadilas como imaxes, porque en Word quedan feísimas.
Ou en plan modesto, como é o caso deste blog, se queres simplemente imaxes para poñer exemplos nunha web.
O máis cómodo é empregar a clase standalone. Máis sinxelo imposible.
\documentclass{standalone}
Esta clase xera un documento de tamaño mínimo para o contido, o que resulta moi axeitado nestes casos.
E ademáis dende Overleaf podes pinchar co botón dereito na imaxe e xa che permite descargalo en formato png.
Eso si, vai dar erros con aqueles formatos que requiran liñas completas, como por exemplo as listas.
Se é o caso, pódese forzar a que amose unha liña completa empregando o parámetro preview.
\documentclass[preview]{standalone}