En xeral, cada elemento dunha lista aparece nunha nova liña. Como moito as organizo en columnas.

Fago poucas excepcións, como pode ser o caso das solucións dun exercicio.
Daquela preséntoas nunha liña horizontal para ocupar o mínimo espazo posible.

Precisas empregar a opción inline cando chamas ao paquete enumitem.

\usepackage[inline]{enumitem}

As nosas listaxes con enumerate seguirán sendo iguais, mais agora poderemos crear listaxes horizontais con enumerate*.

\begin{enumerate*}
\item Primeiro elemento.
\item Segundo elemento.
\end{enumerate*}

E, por suposto, son compatibles con outras opcións de enumerate. Eu en particular emprego sempre shortlabels.

\usepackage[shortlabels,inline]{enumitem}

% ———– %

\begin{enumerate*}[(a)]
\item Primeiro elemento.
\item Segundo elemento.
\end{enumerate*}